Inicio Fiestas Comunicado Oficial de Costa Dorada luego del percance de Covas

Comunicado Oficial de Costa Dorada luego del percance de Covas

0 7473

COMUNICADO OFICIAL

costa dorada
Como xa todos sabedes debido as diferentes informacións que están circulando tanto nas redes sociales como na prensa o pasado día 23 durante a nosa actuación subiu ó escenario unha rapaza, non imos facer comentarios nin valoracións porque hai suficientes videos para que cada un opine.
Dende a dirección de “Costa Dorada” queremos dicir que tanto o comportamento dos nosos músicos como da comisión de festas como do público en xeral foi EXEMPLAR, estamos abrumados polas mostras de cariño e afecto recibidas. A actuación do presidente da comisión de festas de Covas foi a de intentar protexer a orquestra, a festa e o público que abarrotaba a plaza. Actuación IMPECABLE.
A orquestra “Costa Dorada” ten un cariño especial pola festa de Covas, en toda a mariña lucense sentímonos queridos e ata mimados por un público que conta con moita frecuencia co noso traballo, así que GRACIAS.
Dende a dirección de “Costa Dorada” puntualizar que a orquestra non foi denunciada en ningún momento, por suposto como parte implicada explicamos o acontecido ante a Policía Nacional en Viveiro e levamos os videos da actuación donde se pode ver todo o acontecido durante este episodio. Que “Costa Dorada” non ten previsto denunciar a ninguén por escándalo nin por ningunha outra cousa, en fin, non facer máis leña dun episodio desgraciado especialmente para a súa protagonista.
“Costa Dorada” é orquestra, é festa, é alegría e bó rollo así que xentiña “Entrégate a bailar”!!!!