Inicio Formaciones Daniel Moreiras se despide de Costa Dorada

Daniel Moreiras se despide de Costa Dorada

0 2359

Fai seis anos cheguei a Costa Dorada para traballar duro, e fíxeno…Empecei por botar un pouco de “Ferti mon”, abonar é a base dunha boa colleita, e enseguida a herba comezou a medrar e xa tiven que coller a “Bertolina” e poñerme a segar… aí, non eu só, nin moito menos, un grupo no que estaban Calos Martín, Alejandra Corral, Tere López Couceiro, Damián Dacal, David Rodríguez, Carlos Diéguez, Carlos Deza, Carlos Doval, Luis Gómez, Iago Gómez, Wilfredo Yusti, Hugo, etc, apretamos o gas a fondo e comezamos a ver campos repletos de xente vibrando cos nosos sons…tanto apretamos que no camiño tiramos algún que outro balado e incluso algún alcolito e incluso xa con Borja Quintela, Mateo González, Manuel Gándara,Alexey Shervakof (ou como coño se escriba :-D ), Toni Otero, etc, tivemos que prender algún boi solto… mi ma! que recordos…

Pero non só fixen iso, fixen máis, fixen piña, fixemos TODOS sempre un grupo unido, remamos na mesma dirección, apoiámonos, compartimos moito, e sobre todo, escoitámonos máis… e loxicamente o barco chegou a bo porto…

Despois chegaron Isma, Félix Santos e chegou tamén Óliver Insua, e con el máis enerxía se cabe, máis e mellores coreos, máis espectáculo , máis, e máis, e máis ;-) , e xa este último ano Juan Arce e Cris Seijo…

A todos estes só poido dicir unha cousa GRACIAS, por subordinarse ás miñas decisións sen sequera rechistar e brindarme o seu apoio e as súas opinións en pro do ben colectivo, por recoñecerme os éxitos e non castigarme os erros e por poder compartir con eles esta aventura…

Por isto tamén teño que dar as GRACIAS a Félix Cabodevila e Flor Gasalla, os meus xefes cos que ata fai dous anos a relación era estreita e algún día imaxino que o volverá ser… entono o “mea culpa” por deixar de asistir a aquelas charlas tan produtivas nas que departiamos de ti a ti sobre os intereses comúns, e chegabamos a acordos ou non, pero rematabamos picando algo nas Landras e máis distendidamente abordabamos as últimas fichaxes do Barça ou a conformación da cámara parlamentaria, por dicir algo… sí, algún capítulo eu aí me debín perder, pero estímovos e sabédelo.

Pois ben, sen ter nada que ver con ningunha desta xente, non me queda outra que baixarme do barco este polo que loitei desde o principio e ata o final no límite das miñas forzas… e cando digo o límite é porque o foi, anque estou seguro de que o público non o notou… non me arrepinto, nin me arrepentirei xamais por dalo todo por Costa Dorada, foi un reto que conseguín, sei que aportei, sei que co meu gran de area o proxecto medrou e satisfaime tremendamente ; pero o que non poido recuperar xamais é o tempo que perdín de acompañar á miña familia nestes últimos meses no derradeiro alento da miña avoa e máis recentemente do meu avó… estar seis horas nunha festa pregando poder chegar a tempo para despedirme del e ó acabar esta enterarme de que xa non o ía poder facer e ter que marchar a continuación para Ávila e volver a tope para asistir sequera ó funeral e ter que arrancar de novo para Rubiá sen descanso absoluto en varios días e co corazón roto sacar un sorriso á xente hónrame pero pasa factura e máis cando o público non se decata diso pero a algún iluminado, lonxe de darme unha palmadiña nas costas se lle ocorre dicir, “nótote canso”… sí, hai que joderse, a este nin o nomeo, non merece a pena… Espero que os meus me saiban entender e perdoar.

Quedarame sempre gravado un espontáneo en Diamondi cando só eu sabía o estado do meu avó e cantando entre o público me berra “Valiente”…ese home non ten nin idea da forza que me deu naquel momento, e realmente non o estaba ser, mira ti, o único que fun e seguirei a ser no mes que me queda por diante é coma o do rap da Bertolina, “un profesional”! E con iso me quedo.

Moita sorte compis, e moita sorte xefes, Deus sabe que vola desexo de corazón.

A todos os demais, disculpade por ausentarme un tempo, e gracias por todas as fotos, aplausos e aloumiños, nas festas e nas redes, nas primeiras, tarde nos veremos, nas segundas seguimos en contacto.

Apertas!