Inicio Entrevistas Entrevista con Esteban Fuentes… “cantante verbenero”… recanteiro… ¿Coñecémolo?

Entrevista con Esteban Fuentes… “cantante verbenero”… recanteiro… ¿Coñecémolo?

Os traemos una nueva entrevista a nuestra sección… una entrevista especial… con una persona que siempre estuvo al lado de esta plataforma… apoyando y valorando positivamente cada movimiento que se realizaba… y que hoy… además de cantante… representa a la comarca de Santiago en Luar… él es ESTEBAN FUENTES… el “cantante verbenero” como él mismo se define… conozcámoslo un poco más:

Entrevista:

Nombre: ESTEBAN FUENTES
Orquesta/grupo: ORQUESTRA BRUJAS DE RIANXO
Profesión: CANTANTE

Preguntas:

1) Coméntanos a modo de resumen a túa biografía en tanto á música.

Con 20 anos tiven a oportunidade de comezar neste mundo da verbena grazas á Orquestra Ciudad Cristal, na que estiven dúas tempadas. Despois pasei a formar parte da Orquesta Impacto durante un ano e continuei xunto algúns dos compañeiros/as desta formación na Orquesta Gran Vía, durante outros 2 anos máis. Actualmente levo tres tempadas gozando da verbena galega na Orquestra Brujas de Rianxo.

2) Cando decidiches ou te deches de conta que isto era o teu ¿?

Sempre me gustou a música, o baile e a verbena… canturreaba as cancións na casa escoitando os discos de diferentes orquestas. Por casualidades da vida, cursando 1º de Bacharelato, a través da miña amiga Paula, coñecín á artista Lucía Nieto (actualmente orquesta Ritmo Joven) e entre bromas comenteille a miña ilusión de ser cantante de orquestra; ela presentoume á dirección da Orquesta Ciudad Cristal nunha festa na que actuaban, e tras unha proba algo desastrosa apostaron por min e déronme a oportunidade de aprender con eles. Aproveitei a experiencia ao máximo.

3) Aparte da música, dedicas o teu tempo profesional a outros asuntos diferentes á música ¿?

Gradueime fai un ano como Mestre de Educación Infantil na Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente compaxino a preparación das oposición co traballo na Orquesta Brujas de Rianxo. Ademais, dende fai un mes son oficalmente recanteiro polas Terras de Compostela no programa LUAR, da Televisión de Galicia. O 2 de novembro cantarei na primeira fase do concurso, e tentarei facelo o mellor posible para poder continuar no programa.

FotoJet

4) Para os que non te coñecen, cómo te definirías artísticamente ¿?

Un rapaz sinxelo e humilde. Non me considero cantante, senón cantante verbenero, porque a min o que me gusta é a verbena, percorrer as aldeas de Galicia coa música de baile que tanto fai gozar ó público nas súas festas, e a min mesmo. Como “artista” intento poñer o mellor de min en cada actuación, sendo simpático, enérxico e ás veces atrevido ou descarado, pero sempre dende a premisa de arrincar sorrisos e crear un ambiente de festa do que todos/as formen parte, para que a xente poida disfrutar da súa festa.

5) Con que canción ou con que ritmo te sintes máis a gusto no esceario ¿?

Todo aquel que incite ó baile e ó movemento: ritmos latinos, rancheiras, valses, pasosobres, cancións de verán divertidas e alegres… eu préstome a todo.

6) Ves o teu futuro profesional na música ¿?

Farei o posible para que así sexa, pero non penso no día de mañá, vivo o momento. Cando comecei nunca pensei en chegar ó día de hoxe encima dos escenarios, e agora cada vez cústame máis pensar en baixarme deles… quen sabe… apaixóname a verbena galega.

7) Quedanche soños por cumplir dentro deste mundo da verbena ¿?

Bueno, non me importaría algún día estar nunha formación na que sinta o que é ter unhas pantalla led detrás do lombo, a ver que tal me senta… porque ainda que para facer unha boa festa non fan falta, en vídeos e fotografías quedaría moi ben seguro. Sería algo novo para min.

8) Que xénero musical nunca podrías interpretar ¿?

Non me sinto especialmente cómodo cantando Rock, por exemplo.

9) Con quen che gustaría compartir esceario ¿?

Con varios compañeiros e compañeiras coas que traballei repetiría encantado, posto que levo moi bos amigos e amigas de todas as formacións nas que estiven . Pero especialmente… e máis agora, que anunciou a súa retirada da verbena… quedarame a pena de non volver a traballar coa “muchacha de la sonrisa eterna… de la sana locura”, como ben di o título do artigo de orquestas y fiestas sobre o seu recente comunicado. Traballar con Diana Rodriguez foi como subir nunha montaña rusa da que nunca queres baixar, unha experiencia intensa e divertida da man dunha gran artista, unha alma xemelga que me fixo chorar e rir como nunca antes o fixeran. Profesionalemente, traballar ao seu carón tamén supuxo unha evolución vocal para min que sempre lle agradecerei. Ogallá algún día poidamos volver a compartir escenario; namentres tereina na miña vida como amiga.

Preguntas de andar pola casa:

10) Que botas de menos nas comidas ou ceas que realizas fora da casa cada vez que tes actuación ¿?

O único, en certas ocasións… un baño decente.

11) Tes algún tipo de “ritual” que non pode faltarche por facer antes de sair ó esceario ¿?

Pois adoito saír do camerino co pé dereito, deixando preparado o segundo cambio de vestiario e os zapatos sempre ben colocados.

1

Un pouco máis persoal:

12) Unha formación verbeneira: ORQUESTRA GRAN VÍA

13) Un cantante Masculino: BONEY M.

14) Un cantante masculino de verbena: MIGUEL TORRES (Grupo Lume)

15) Unha cantante femenina: ANA KIRO

16) Unha cantante femenina de verbena: BELINDA PÉREZ (Orquesta Televisión)

17) Un instrumentista: PACO RODRÍGUEZ (Orquesta Impacto)

18) Un grupo Famoso de música: SPARX

19) Túa comida favorita: EMPANADA

20) A última persoa á que lle enviache un SMS no whatsapp : O meu tío Diego.

21) A última persona que che enviou un SMS no whatsapp : A TESORERÍA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL.

22) O vaso, medio baleiro ou medio cheo ¿? Medio baleiro.

23) Gato o can ¿? Cadela.

24) A primeira canción que recordas cantar, inda que fose na ducha. Seguramente alguna canción do recopilatorio de cancións de verán do disco Caribe 2000.

25) Así como regresou o reggaetón…volverá tamén a Batuka ¿? Ogallá que si! Teño o CD-DVD na casa aínda.

26) Unha frase para os lectores desta entrevista e usuarios de www.orquestasyfiestas.com
Con Esteban Fuentes #PonteABailar

27) Algunha pregunta/as que botaras en falta nesta entrevista ¿? (con resposta)
Fíxome moita ilusión realizar esta entrevista e considero que todas as preguntas están moi ben!
Grazas polo voso traballo e entrega pola verbena.