Inicio Entrevistas Entrevistamos a Xandre, nuevo trombón en Pontevedra 2014

Entrevistamos a Xandre, nuevo trombón en Pontevedra 2014

569

Interesantisima entrevista que tenemos hoy jueves. Se la hicimos a Xandre, nuevo trombón de la orquesta Pontevedra 2014, anteriormente en Los Player´s 2013. Es una de las entrevistas más completas que tenemos por lo que os recomendamos leerla de arriba a abajo.

Agradecemos a Alexandre su buena disposición y sus minutos hacia esta página. Todo un ejemplo a seguir. A continuación os dejamos la entrevista:

Nombre: Alexandre Barcala Burés, “Xandre”

Orquesta/grupo: Orquestra Pontevedra (2014)

Profesión: Trombonista

1. Coméntanos a modo de resumen tu biografía en tanto a la música.

Pois os meus comezos na verbena galega se remontan ó ano 2004, cando contaba con tan só 18 anos ,que comecei nunha orquesta ,xa extinguida ,como é Nueva Década. Pasaron varios anos ata que no 2007 retomo este camiño , de novo da man da Orquestra Millenium de Pontevedra. Ó finalizar dita tempada , paso a formar parte do plantel da Orquestra Galilea da Estrada, onde durante tres tempadas comparto esceario con algúns dos mellores músicos do panorama musical galego e onde máis aprendo desta profesión. No 2011 recibo a chamada da Orquestra Ismael de Santiago e no 2012 coa Orquestra Los Player´s de Ferrol, con quen acabo de rematar este ano. A vindeira tempada 2014 formarei parte da Orquestra Pontevedra.

2. Cuando decidiste o te diste cuenta que los instrumentos de viento metal son lo tuyo?

Foi na escola de música de Barro, da man de D. José Bugallo Diz, o que instou a coller o trombón, aínda que cando me preguntou pola miña preferencia, eu lle dixen que me gustaba o saxofón, pero este enseguida me fixo mudar de opinión e que me decantara finalmente polos instrumentos de vento-metal. Tamén toquei o bombardino na Banda de Música Xuvenil de Barro durante unha tempada. Actualmente, estou tocando trombón e algo trompeta, coa cal me estou a formar actualmente.

3. Aparte de la música, dedicas tu tiempo a otros asuntos?

A música engloba a maior parte da miña vida cotiá. Estou estudando no Conservatorio Superior, na especialidade de Trombón, asisto a clases particulares e a cursos de cando en vez, e tamén estou estudando trompeta no Conservatorio de Pontevedra, xa que na actualidade na Orquestra toco trombón e trompeta. Formo parte da directiva e do plantel da Banda de Música Xuvenil de Barro e iso require tempo. Tamén teño tempo para adicarllo á familia e os amigos, moi importantes para min e de vez en cando a xogar ó fútbol sala.

4. Muchos ya te conocemos en este mundo de la verbena gallega, pero para aquellos que no te conocen lo suficiente, como te describirías artísticamente ?

¿Artísticamente? É unha pregunta complexa…considérome unha persoa en constante aprendizaxe, aprendendo de todo e de tod@s os que me rodean. Son un músico que lle gusta tocar practicamente todos os estilos e no esceario é moi raro verme quieto, jejeje…

5. Cuáles son las mejores armas de un trombonista para no perder el ritmo día a día con tantas actuaciones?

Pois estudar practicamente todos os días, por pouco que sexa, sobre todo no inverno. No verán é máis complexo: eu trato de descansar sempre o posible e aproveitar o pouco tempo dispoñible, aínda que cando tes vermús é un pouco complicado. Para min algo fundamental é ter sempre os beizos ben hidratados(para que non se corteen co frío) e empregar enxuague bucal despois de lavar os dentes para evitar as tan molestas bozas dentro da boca.

6. Nos puedes contar un divertido momento encima del escenario que recuerdes?

O momento máis divertido para min foi un día tocando na zona de Ponferrada con Galilea. Resulta que estábamos tocando a sesión de tarde cando de repente me fala polo pinganillo o xefe dicíndome o menú que había para cear, contestándolle por señas mentres tocaba. Era gracioso, porque ía un por un e o que máis e o que menos se ría cando llo preguntaba mentres tocábamos. Foi moi gracioso e divertido.

7. Ves tu futuro profesional en la música?

Pois a verdade, me gustaría dicir que sí, pero na situación na que está sumida o país nos últimos anos non se pode asegurar nada. Ogallá que poida dicir que sempre vou traballar e vivir da música.

8. Cual sería tu sueño dentro de la música?

Como dixen antes, gustaríame vivir da música sempre. Actualmente teño a sorte e a fortuna de poder facelo, pero me gustaría facelo tamén noutro ámbito: dar clases nun conservatorio, ou en escolas de música, ou mesmo dirixir unha banda de música. Para todo iso me sigo formando día a día.

9. Con quien te gustaría compartir una canción en el escenario mano a mano?

Pois gustaríame formar parte

The – living the but skin love target pharmacy online they made I cost. That were perfume it.

das bandas que levan artistas da talla de Alejandro Sanz, Luis Miguel ou Marc Anthony, por pór algún exemplo.

10. La temporada la acabasteis hace unos días, como dirías que ha ido este año 2013?

Pois persoalmente creo que este ano 2013 foi moi productivo para a Orquestra Player´s

Podo dicir que o noso traballo gustou moito e iso viuse refrexado na boa tempada que fixemos en canto a carga de traballo se refire. Tamén tiven o privilexio de compartir esceario con moi bos músicos e compañeiros, o que fixo máis levadeiro o traballo.

11. Hace unos días conocimos tu fichaje para orquesta Pontevedra 2014, como resumirías tu paso por orquesta Player´s ?

Cando o ano pasado me chamaron para Los Player´s tratábase de iniciar un novo proxecto musical, posto que no 2011 a orquestra había perdido algo a demanda e tamén pode dicirse que non atravesaba un bo momento musical, polo que moitas orquestras pasan ás veces. Despois deste ano, considero que o proxecto vai ben encamiñado logo do bo ano que realizamos. Deséxolle os meus mellores desexos a aqueles que sigan de cara á nova tempada.

12. Puedes adelantarnos algo de cómo será Orquesta Pontevedra 2014?

Pois para o ano 2014 vaise ver unha Orquestra Pontevedra renovada. Contaremos cunha corda de metal formada por dous trompetas, trombón e saxo, co cal se incrementa a plantilla nunha persoa con respecto ó pasado ano, cando eran só tres metais. A nosa aposta é a música de baile para esa xente que sigue a Orquestra Pontevedra, a cal manteremos e renovaremos, cun novo repertorio máis fresco pero igualmente de comercial. Tampouco nos imos esquecer da xente nova, á cal lle adianto que o segundo pase vai ser ,creo que do gusto de todos. Queremos ser unha orquestra versátil para amoldarnos perfectamente a todo tipo de público.

Respuestas Breves:

Una orquesta: Orquestra París de Noia

Un cantante Masculino: Alfonso (Alcotán)

Una cantante femenina: Vanessa Lamar(Player´s)

Un instrumentista: Tony(trombonista de Aché)

Un grupo Famoso de música: En sí non teño un grupo favorito, pero me encanta a música dos anos 80.

Una frase para los lectores de esta entrevista y usuarios de www.orquestas.tk:

Gracias a tod@s por seguir esta entrevista e sobre todo ós seus administradores por darme esta magnífica oportunidade. Espero que este ano 2014 sexa productivo e beneficioso para a Orquestra Pontevedra, a cal estades tod@s cordialmente convidados a visitar e a desfrutar. E por suposto, non deixedes de visitar esta páxina web para estar sempre á última de todas as novas da verbena galega e dos vosos grupos e orquestas favoritas. Moitas grazas a tod@s e recibide un cordial saúdo!!!