Inicio Jesus S.Fernandez

Jesus S.Fernandez

jesus

Como me presento eu aquí? Pois comecemos dicindo que este reporteiro é un “novel” no mundo da verbena se ben o comparamos coa historia que esta cobra en Galicia; pero con experiencia, xa que foi arredor do 2008 cando comezou a seguir de xeito máis intenso as formacións musicais de Galicia.

De Sarria, Lugo,recorre case a totalidade das festas da zona. Desprázase a moitas do sur e do centro desta provincia e realiza “escapadas” a lugares que se sitúan máis á desmán para el.
Se se vincula a verbena á fotografía, estase a falar de dúas afeccións preferentes deste reporteiro. Sumar e aportar (que non apartar, xa que se intenta ver a todo tipo de formacións), co obxectivo, sempre, de favorecer e agradecendo o agradecido.

Máis de 90 festas visitadas de media ao ano, acudindo a máis de 110 no pasado 2017, e esperando que isto continúe; porque a construción dun todo supón a suma de cada unha das súas partes e as festas son parte importante do lugar no que vivimos.