Inicio Fiestas Llamamiento a la calma desde la Asociacion Gallega de Orquestas (A.G.O)

Llamamiento a la calma desde la Asociacion Gallega de Orquestas (A.G.O)

0 1544

A.G.O:

Con motivo da situación actual, hai moitas dúbidas respecto a como debe ser a actuación das orquestras e os traballadores nestes intres.
Si analizamos a situación, estamos a facer o que nos manda o goberno, e dicir, solidarizarnos co problema que temos e que debemos afrontar xunto co resto dos cidadáns. Ante todo a prioridade debe ser acabar coa amenaza do virus e desterralo das nosas vidas.
Isto conleva unha situación económica e laboral de gran incertidumbre para todos, e sen dúbida, debemos e teremos que apretarnos todos o cinturón para sacar a tempada adiante.
Estamos non só sen actividade en canto a actuacións se refire, se non tamén en canto a ensaios ou a preparación do material para a campaña por exemplo. Iso vai a facer que a campaña se retrase e as perdas poidan ser importantes. E o momento de que todos xuntos poidamos sacar para adiante un ano moi comprometido e dificultoso en todos os aspectos. Non e un momento de mostrarse egoístas e si de ser realistas con unha situación a que ninguén querría chegar pero que e unha realidade.
Os donos das orquestras teñen a responsabilidade de manter os postos de traballo sempre e cando as condicións así o aconsellen e poidan facelo. Pedimos a colaboración e a sensatez de todos os axentes do sector para sair desto dun xeito que non sexa excesivamente perxudicial para ninguén.
Esperamos que todos sepamos estar a altura dunhas circustancias excepcionais, sen abusos por ningunha das partes e coherencia nas nosas decisións.
Sorte a todos e seguro que sairemos adiante.
XUNTA DIRECTIVA A.G.O.