Inicio Fiestas Paralizadas en la noche de ayer las fiestas de Rianxo por conductas...

Paralizadas en la noche de ayer las fiestas de Rianxo por conductas delictivas hacia dos mujeres

0 938

Esta es una noticia que nunca nos gustaría dar y que nos causa tristeza tener que estar hablando de estos hechos a día de hoy, puesto que condenamos todo tipo de conductas delictivas, que en este caso se manifestaron en contra de las mujeres. Y es que esta pasada noche se produjeron dos incidencias en las fiestas que se están desarrollando en Rianxo.

Como consecuencia de lo anterior, las fiestas de anoche fueron paradas, aún siendo continuadas en el día de hoy con un “sabor amargo” y con un “NO a la violencia machista”.

Aquí os dejamos la información ampliada, por parte de la organización de las mismas y por parte de la Policía Local de este municipio.

Facebook: Virxe do Carme de Rianxo.

COMUNICADO

Na madrugada do primeiro día das festas do Carme, dúas mulleres foron perseguidas ata a casa. Lograron escapar e grazas a isto non temos que falar de males peores. O home foi visto en varias ocasión espido e facéndose tocamentos en plena rúa.

Queremos mostrar a nosa maior repulsa ante este acontecemento. Non podemos permitir que as nosas rúas sexan inseguras para ninguén, por iso pedimos a colaboración de toda aquela persoa que poida aportar información.
Non podemos acostumarnos ao medo da muller que vai soa para a casa. Hai que loitar contra esta lacra e, por favor, denunciar os feitos. Só podemos acabar con isto co compromiso de todas e todos.

Onte decidimos parar a festa ao saber do acontecido. Volveríamolo facer ante calquera agresión. Se alguén está a pasar por esa situación, todas e todos debemos ser conscientes e non seguir na festa como se nada pasase.
Hoxe continúa a festa cun sabor amargo e cun grande NON á violencia machista.

Facebook: Policía Local de Rianxo

Na madrugada do día de hoxe 13 de xullo de 2019, durante a celebración das Festas do Carmen Concello de Rianxo, producíronse dúas incidencias relativas a condutas delitivas contra as mulleres.
Nun dos casos un home que posúe un posto da medieval, presuntamente agrediu sexualmente a unha muller, polo que foi detido 
para ser posto a disposición xudicial.
No outro caso un home que presuntamente ó longo da noite se exhibiu espido en varios lugares, perseguiu a unhas mulleres, polo que se están realizando as actuacións oportunas para esclarecer os feitos e identificar ó autor.
Instrúense dilixencias sobre o acontecido, no que tamén participou e actuou a Garda Civil.
Queremos tranquilizar á veciñanza, sobre á alerta social que se está a producir nas redes sociais sobre estes feitos, e indicar que se están a realizar as actuacións oportunas ó respecto. 
Se alguén posue información acerca desta última incidencia pregamos nola faga chegar.
Traballamos pola seguridade de tod@s, e se nos necesitas chámanos 
981860625 / 609862222 / 112